A Asociación Cultural “Cocas e Danzantes” de Santa Tegra, coa colaboración do Concello de Castro Caldelas, organiza unha charla sobre o cultivo da oliveira na nosa zona.

A charla, a cargo de Manoli González, do Departamento Agro de Aceites Abril,  terá lugar o vindeiro mércores 27 de marzo, ás 19:30 horas, no Salón de Actos do Castelo de Castro Caldelas.