O vindeiro 10 de febreiro celebraremos o Entroido coa elaboración do tradicional cocido. Todos os que queirades asistir debédesvos apuntar a través dos cauces habituais antes do mércores 6 de febreiro. O prezo da comida será a escote, levando un incremento de 3,00 € para os non socios.

Animámosvos a todos a participar, e se queredes vir disfrazados mellor.