A Asociación Cultural e de Veciños Cocas e Danzantes de Santa Tegra é unha asociación sen
ánimo de lucro que naceu nos anos oitenta co fin de xestionar e organizar as festas patronais pero que axiña
extendeu o seu marco de actuación para intentar solucionar os problemas do pobo e, ó mesmo tempo,
ampliar as ofertas culturais.
Actualmente a asociación está composta por 85 socios.