
Nos próximos días nacerá nesta web unha nova sección, dedicada íntegramente á Festa da Luz. Nesta sección, a nova Comisión de
Festas, formada por Silvia Yáñez Quintela, Patricia Yáñez Quintela, Juan Manuel Enríquez Alonso e Marcos Enríquez Alonso, quere facervos
máis partícipes do que se está pensando para a Festa deste ano, que aportedes as vosas ideas e tamén as vosas críticas, en definitiva,
que todos aportedes o voso grao de area para revitalizar as Festas da Luz.