convocatoria

 

Asociación Cultural e de Veciños «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra

 

 

Asamblea Xeral Ordinaria

A Xunta Directiva convoca á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará o día 11 de xaneiro de 2014 ás 15:00 horas en 1ª convocatoria e ás 15:30 horas en 2ª convocatoria, no local social da Almudeira, coa seguinte Orde do Día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.

  2. Resumo da situación económica e aprobación, se procede.

  3. Programa de actividades para o ano 2014.

  4. Autorizar ó presidente para pedir e xestionar subvencións de todas as administracións públicas.

  5. Altas e baixas, actualización da lista de socios.

  6. Información sobre a xestión da Comunidade de Usuarios Auga do Ruxil.

  7. Rogos e preguntas