Estamos de volta

Tras unha temporada na que, por diversos motivos, non puidemos ter a web actualizada, voltamos con ganas renovadas. Como podedes ver, démoslle un cambio de estilo ó portal. Pero o cambio non está só na estética, queremos que a páxina vos achegue as novas de Santa Tegra máis de cerca e a través de distintas vías. Asimesmo, gustaríanos poder contar cunha participación máis activa de todos, necesitamos as vosas ideas e os vosos comentarios para mellorar.

A web será máis dinámica que a versión anterior, haberá algunhas seccións fixas, coma as fotos e os videos. As noticias aparecerán sempre na páxina principal, estilo blog. Outras seccións serán variables e crearanse ou eliminaranse en función das necesidades de comunicación, como poden ser as relacionadas cos eventos.

Haberá tamén unha sección exclusiva para os socios na que iremos engadindo arquivos de interese para os mesmos. Ademáis, pretendemos, sempre que solucionemos pequenos inconvintes técnicos, facer un seguimento en directo das reunións da asociación, de esta maneira favoreceríamos a participación dos socios que non viven aquí a través dos comentarios. Unha vez que vos dedes de alta no portal (imprescindible para poder comentar), ós socios activarémoslle o acceso a esta sección. Se por algunha razón se nos pasa algún, por favor escribídenos ó correo social@santategra.org e darémosvos de alta.

Esperamos que sepades desculpar os posibles erros, tanto no funcionamento coma na traducción pois aínda estamos no proceso de desenrolo.

Pero o máis importante sodes vós, a vosa participación será ó final o que lle de vida a este pequeno recuncho da World Wide Web.

Benvidos a Santa Tegra 2.0

Deja un comentario