Sorteo Festas da Luz 2016

Xa comezou a venda de  participacións para o sorteo das Festas da Luz 2016, que se celebrarán os días 6 e 7 de Agosto, co obxectivo de recaudar fondos para as mesmas. As bases son as seguintes:

  1. Póñense a venda 2500 participacións, co prezo unitario de 1,00 €, a través dos membros da Asociación.
  2. O período de venda comeza o sábado 9 de xullo de 2016 e remata o domingo 7 de agosto de 2016.
  3. O sorteo terá lugar o domingo 7 de Agosto no campo da festa.
  4. A mecánica do sorteo consistirá na extracción de 2 papeletas (unha por cada un dos premios sorteados), entrando no sorteo únicamente os resgardos das papeletas vendidas.
  5. Os premios son os seguintes:
    1. 1ª papeleta: Un xamón, un queixo, unha caixa de viño Mencía «PONTE DA BOGA» e un lote de productos da terra.
    2. 2ª papeleta: Un lacón e unha caixa de viño Mencía «PONTE DA BOGA».
  6. Os números premiados serán publicados nesta mesma web, así coma no taboleiro de anuncios do Concello de Castro Caldelas e en distintos locais da vila.
  7. O derradeiro día para facer efectiva a recollida do premio será o día 22 de agosto de 2016.
  8. O posuidor dunha participación premiada poderá poñerse en contacto coa Asociación a través da dirección de enderezo electrónico correo@santategra.org ou do teléfono 988 207 488.
  9. Para poder facer efectiva a recollida do premio, o posuidor da participación premiada deberá dar consentimento explícito para a publicación do seu nome nesta mesma web, así como nos distintos medios que a Asociación estime oportunos para dar a coñecer a entrega do premio.

Deja un comentario