Cocas e Danzantes de Santa Tegra

  • Inicio
  • Quen Somos
  • Fotos
  • Vídeos
Twitter Facebook YouTube RSS
Jul11

Festas da Luz 2015

11/07/2015 a las 10:16 am
Categoría: Eventos, Novas

 

Este é o programa das Festas da Luz 2015, que se celebrarán o 8, 9 e 10 de Agosto:

 

SÁBADO DÍA 8

A partir das 23:00 H. Festa sen parar, amenizada polo grupo

REBER

e unha DISCOTECA MÓBIL ata que o corpo aguante.

 

DOMINGO DÍA 9

Ás 12:00 H. Procesión e misa cantada polo coro «Lembranza» de Castro Caldelas.

Acompañará á Virxe da Luz a Escola Provincial de Danza «Agrupación Castro Floxo», que bailará a tradicional «Danza das Cocas de Santa Tecla».

Sesión vermouth, tarde e noite amenizada pola orquesta

 

GRAN VIA

1795357_582021341882264_1204318027_o

que actuará sen descanso dende as 21:30 H. ata as 1:30 H.

Durante a festa do domingo celebrarase o sorteo das rifas. (Bases aquí)

Resultado do sorteo

 
 

LUNS DÍA 10

Sardiñada popular.

(Apuntarse antes do 6 de agosto)

 

A Novena en honor á Virxe da Luz dará comezo o venres 31 de xullo ás 20:00H.

 

 

Tweet
 Comentar 
Jul11

Sorteo Festas da Luz 2015

11/07/2015 a las 10:04 am
Categoría: Novas

Xa comezou a venda de  participacións para o sorteo das Festas da Luz 2015, que se celebrarán os días 8 e 9 de Agosto, co obxectivo de recaudar fondos para as mesmas. As bases son as seguintes:

  1. Póñense a venda 2500 participacións, co prezo unitario de 1,00 €, a través dos membros da Asociación.
  2. O período de venda comeza o sábado 4 de xullo de 2015 e remata o domingo 9 de agosto de 2015.
  3. O sorteo terá lugar o domingo 9 de Agosto no campo da festa.
  4. A mecánica do sorteo consistirá na extracción de 3 papeletas (unha por cada un dos premios sorteados), entrando no sorteo únicamente os resgardos das papeletas vendidas.
  5. Os premios son os seguintes:
    1. 1ª papeleta: Tablet BQ Tesla 2 de 10,1″, con sistema operativo Windows 8.1.
    2. 2ª papeleta: Un lacón e unha caixa de viño Mencía «PONTE DA BOGA»
    3. 3ª papeleta: Un queixo e unha caixa de viño Mencía «PONTE DA BOGA»
  6. Os números premiados serán publicados nesta mesma web, así coma no taboleiro de anuncios do Concello de Castro Caldelas e en distintos locais da vila.
  7. O derradeiro día para facer efectiva a recollida do premio será o día 8 de setembro de 2015.
  8. O posuidor dunha participación premiada poderá poñerse en contacto coa Asociación a través da dirección de enderezo electrónico correo@santategra.org ou do teléfono 988 207 488.
  9. Para poder facer efectiva a recollida do premio, o posuidor da participación premiada deberá dar consentimento explícito para a publicación do seu nome nesta mesma web, así como nos distintos medios que a Asociación estime oportunos para dar a coñecer a entrega do premio.
Tweet
 Comentar 
Mar29

Asamblea Xeral Ordinaria

29/03/2015 a las 1:03 pm
Categoría: Novas

convocatoria


A Xunta Directiva convoca á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o día 4 de Abril de 2015 ás 16:00 horas en 1ª convocatoria e ás 16:30 horas en 2ª convocatoria, no local social da Almudeira, coa seguinte Orde do Día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.

  2. Información do estado xeral da Asociación.

  3. Organización da Festa da Luz.

  4. Asuntos Varios.

  5. Rogos e Preguntas.

Tweet
 Comentar 
Ene25

Cocido do Entroido 2015

25/01/2015 a las 11:52 am
Categoría: Eventos

cocido

 

 

O vindeiro 15 de Febreiro celebraremos o Entroido coa elaboración do tradicional cocido. Todos os que queirades asistir debédesvos apuntar a través das canles habituais, sendo o último día para apuntarse o mércores 11 de Febreiro. O prezo da comida será a escote, levando un incremento de 3,00 € para os non socios.

 

Tweet
 Comentar 
Dic11

XI Día do Orgullo Gaiteiro

11/12/2014 a las 3:17 pm
Categoría: Novas

CARTAZ OG 2014 final

O vindeiro sábado 13 de decembro, co gallo da celebración do XI Día do Orgullo Gaiteiro, haberá diversos actos no Auditorio de Ourense. Nun deles, o que está programado para as 18:30 H, realizarase un acto de homenaxe ós veciños de Santa Tegra pola conservación e transmisión da Danza das Cocas, polo que vos animamos a todos a asistir.

Tweet
 Comentar 
  • Páxina 4 de 11
  • « Primeiro
  • «
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • »
  • Último »

Acceso

  • Novo usuario
  • Recuperar contraseña

Entradas recentes

  • MAGOSTO 2019
  • Asemblea Xeral Ordinaria
  • MAGOSTO 2018
  • Magosto 2017
  • Sorteo Rifas Festas da Luz 2017

Enlaces

  • Concello de Castro Caldelas
  • O Sorriso de Daniel

Categorías

  • Destacados (4)
  • Eventos (20)
  • Fotos (5)
  • Novas (35)
  • Vídeos (1)

Arquivos

  • octubre 2019
  • enero 2019
  • octubre 2018
  • octubre 2017
  • agosto 2017
  • julio 2017
  • agosto 2016
  • julio 2016
  • enero 2016
  • octubre 2015
  • agosto 2015
  • julio 2015
  • marzo 2015
  • enero 2015
  • diciembre 2014
  • octubre 2014
  • septiembre 2014
  • agosto 2014
  • julio 2014
  • junio 2014
  • abril 2014
  • febrero 2014
  • diciembre 2013
  • octubre 2013
  • agosto 2013
  • julio 2013
  • junio 2013
  • marzo 2013
  • enero 2013
  • noviembre 2012
  • octubre 2012
  • septiembre 2012

©2012-2019 Cocas e Danzantes de Santa Tegra | Correo Electrónico | Subscribe: RSS | Ir arriba ↑