Sorteo Festas da Luz 2013
Xa comezou a venda de participacións para o sorteo das Festas da Luz 2013, que se celebrarán os días 10 e 11 de Agosto, co obxectivo de recaudar fondos para as mesmas. As bases son as seguintes:
- Póñense a venda 2000 participacións, co prezo unitario de 1,00 €, a través dos membros da Asociación.
- O período de venda comeza o sábado 8 de xuño de 2013 e remata o domingo 11 de agosto de 2013.
- O sorteo terá lugar o domingo 11 de Agosto no campo da festa.
- A mecánica do sorteo consistirá na extracción de 3 papeletas (unha por cada un dos premios sorteados), entrando no sorteo únicamente os resgardos das papeletas vendidas.
- Os premios son os seguintes:
- 1ª papeleta: Tablet Android de 7 » BQ Maxwell 2 Plus
- 2ª papeleta: Un lacón e unha caixa de viño Mencía «PONTE DA BOGA»
- 3ª papeleta: Unha bica mantecada e unha caixa de viño branco «PONTE DA BOGA»
- Os números premiados serán publicados nesta mesma web, así coma no taboleiro de anuncios do Concello de Castro Caldelas e en distintos locais da vila.
- O derradeiro día para facer efectiva a recollida do premio será o día 10 de setembro de 2013.
- O posuidor dunha participación premiada poderá poñerse en contacto coa Asociación a través da dirección de enderezo electrónico correo@santategra.org ou do teléfono 988 207 478.
- Para poder facer efectiva a recollida do premio, o posuidor da participación premiada deberá dar consentimento explícito para a publicación do seu nome nesta mesma web, así como nos distintos medios que a Asociación estime oportunos para dar a coñecer a entrega do premio.