Segundo o acordo tomado na Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Cultural e de Veciños Cocas e Danzantes de Santa Tecla, celebrada o 28 de xaneiro de 2024, todos aqueles socios que deban dúas ou máis cotas anuais perderán automáticamente a devandita condición de socio.
Asemblea Xeral Extraordinaria
A Xunta Directiva en funcions convoca á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o día 23 de setembro de 2023 ás 17:00 horas en 1ª convocatoria e ás 17:30 horas en 2ª convocatoria, no local social da Almudeira, coa seguinte Orde do Día:
- Renovación dos cargos correspondentes a Xunta de Goberno.
Misa de hermandad con el Santuario de los Remedios de la Ermida
El 8 de agosto, a las 12 horas, se celebrará en Castro Caldelas un acto de hermandad con el Santuario de los Remedios de la Ermida de Quiroga.
Como hecho extraordinario participarán en la procesión las Cocas de Santa Tecla, junto con el Irrio de Castro Caldedas y las Pampórnigas y el Meco de Quiroga.
Os animamos a asistir.
Asemblea Xeral Ordinaria
A Xunta Directiva convoca á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o día 19 de agosto de 2023 ás 15:30 horas en 1ª convocatoria e ás 18:00horas en 2ª convocatoria, no local social da Almudeira, coa seguinte Orde do Día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
- Información sobre o estado xeral da Asociación.
- Solución sobre todo o relacionado con usuarios da auga nos domicilios “O Ruxil”.
- Modificación do número dos asinantes para retirar efectivo en Abanca.
- Asuntos varios.
- Rogos e preguntas.
Sardiñada 2023
O vindeiro 5 de Agosto, as 21 h, celebraremos a Sardiñada das Festas da Luz 2023. Todolos que queirades asistir debédesvos apuntar no teléfono 656.786.123 (por guasap o sms) o no email correo@santategra.org, sendo o último día para apuntarse o venres 28 de Xullo. O prezo da comida será de 12€ para os socios e 16€ para os non socios.
Sorteo Rifas Festas da Luz 2022
O resultado do sorteo celebrado o día 6 de Agosto no campo da festa foi o seguinte:
1º PREMIO
1238
2º PREMIO
1654
Recordar que os premiados teñen un mes para reclamar o seu premio.
Benvida ó Movimiento Ultreya
O vindeiro 8 de xullo, ás 13:00 H, na Praza do Prado de Castro Caldelas escenificarase a nosa tradicional “Danza das Cocas” para recibir ós ciclistas do Movimiento Ultreya, o cal é un proxecto solidario, totalmente apolítico e socialmente transversal, formado por persoas con perfís e profesións moi diversas. Entre os seus obxectivos está colaborar con proxectos locais, de carácter social e cultural, no ámbito rural e ofrecer visibilidade ás poboacións da España máis despoboada.
Podedes atopar máis información no seguinte enlace https://movimientoultreya.org/
Na edición deste ano 2022 a Asociación Cultural Cocas e Danzantes de Santa Tegra será unha das asociación que recibirá a axuda do movemento, pola labor realizada na recuperación da “Danza das Cocas”. Dende a Asociación queremos expresar o noso agradecemento e total apoio a esta importante labor realizada polo Movimiento Ultreya.
Do mesmo xeito, animámosvos a todos os que teñades a posibilidade a acudir o acto, que coincide co final da sétima etapa.
COLABORAN:
Concello de Castro Caldelas.
Escola Provincial de Danza Castro Floxo da Deputación de Ourense.
Sardiñada 2022
O vindeiro 6 de Agosto, as 14 h, celebraremos a Sardiñada das Festas da Luz 2022. Todos os que queirades asistir debédesvos apuntar no teléfono 988.20.74.88, sendo o último día para apuntarse o domingo 31 de Xullo. O prezo da comida será de 12€ para os socios e 15€ para os non socios.
Acto co Movemento Ultreya
Co propósito de axudar ao mantenemento das tradicions culturais dos pobos o Movimento Ultreya (a suxerencia do Concello de Castro Caldelas) organizará un acto o día 8 de xullo para que a Asociación faga unha presentación da nosa danza “Cocas e Danzantes”.
MAGOSTO 2019
A Xunta Directiva da Asociación Cultural e de Veciños «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra convócavos para o día 2 de Novembro no que celebramos o noso tradicional Magosto, ás 20:00 horas no Local Social da Almudeira.
O menú constará de:
- Empanada
- Churrasco de porco e chourizo
- Castañas asadas
- Chocolate, bica e roscón
- Bebida
- Queimada
O prezo calcularase a escote entre os asistentes, cun incremento de 3,00 € para os non socios.
Apuntarse antes do 29 de outubro.