Magosto 2012

Xa estamos preparando o Magosto 2012 que será o vindeiro 3 de Novembro pola noite. Podédesvos ir apuntando a través dos cauces habituais e tamén dende a Zona Socios simplemente deixando un comentario na mesma.

Para todos aqueles socios que estedes dados de alta no portal pero aínda non se vos aplicara a categoría de socios no mesmo, debedes ter actualizado o voso nome e apelidos na sección de Perfil.

Santa Tegra 2012

O vindeiro domingo 23 de setembro celebraremos a festividade da Santa Tegra. Comezaremos ás 13:00 horas co terceiro Roteiro Literario, que partirá da igrexa e percorrerá o pobo de Santa Tegra, facendo as seguintes paradas, nas que se lerán textos e poesías aportadas polos asistentes:

  • Igrexa
  • Fonte dos Caños
  • Cruceiro
  • Fonte do Campo
  • Campo de San Paio
  • Casa da Asociación

Pode participar todo aquel que o desexe, coma público ou lendo o seu propio texto, preferentemente en galego.

Por último, celebraremos un xantar popular na casa da Asociación co sistema de prezos habitual (data límite para apuntarse: xoves 20 de setembro).

Animámosvos a todos a participar.

Estamos de volta

Tras unha temporada na que, por diversos motivos, non puidemos ter a web actualizada, voltamos con ganas renovadas. Como podedes ver, démoslle un cambio de estilo ó portal. Pero o cambio non está só na estética, queremos que a páxina vos achegue as novas de Santa Tegra máis de cerca e a través de distintas vías. Asimesmo, gustaríanos poder contar cunha participación máis activa de todos, necesitamos as vosas ideas e os vosos comentarios para mellorar.

A web será máis dinámica que a versión anterior, haberá algunhas seccións fixas, coma as fotos e os videos. As noticias aparecerán sempre na páxina principal, estilo blog. Outras seccións serán variables e crearanse ou eliminaranse en función das necesidades de comunicación, como poden ser as relacionadas cos eventos.

Leer más