A Implantación de Oliveiras Como Opción de Futuro

A Asociación Cultural «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra, coa colaboración do Concello de Castro Caldelas, organiza unha charla sobre o cultivo da oliveira na nosa zona.

A charla, a cargo de Manoli González, do Departamento Agro de Aceites Abril,  terá lugar o vindeiro mércores 27 de marzo, ás 19:30 horas, no Salón de Actos do Castelo de Castro Caldelas.

Asamblea Xeral Ordinaria

A Xunta Directiva da Asociación Cultural «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra convoca ós socios á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará o día 30 de marzo ás 17:00 horas en primeira convocatoria, e ás 17:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
  2. Información da situación económica.
  3. Organización da «FESTA DA LUZ».
  4. Asuntos varios.
  5. Rogos e preguntas.