Tablet do Sorteo das Festas da Luz

A Tablet que escollemos para o sorteo das Festas da Luz 2013 pertence á empresa española BQ. Concretamente é a recentemente saída ó mercado BQ Maxwell 2 Plus e conta coas seguintes características técnicas:

  • Dimensións: 199 x 119 x 11 mm
  • Peso: 360 g
  • Tamaño pantalla: 7″
  • Tecnoloxía: pantalla IPS capacitiva multi-táctil 5 puntos
  • Resolución: 1280 x 800 px
  • Memoria interna: 16  GB (ampliable por MicroSD)
  • Procesador: Cortex A9 Dual Core 1,6 GHz
  • Gráfica: Mali-400
  • Memoria RAM: 1 GB
  • Batería: Li-Ion 4300 mAh
  • Sistema operativo: Android Jelly Bean 4.1
  • Bluetooth.
  • GPS+GLONASS.
  • WiFi 802.11 b/g/n
  • MicroUSB OTG
  • HDMI Dual 1080p
  • Jack 3.5 mm para ariculares
  • Giroscopio
  • Cámara frontal de 2MP

A tablet entregarase con factura de compra, na súa embalaxe orixinal, sen abrir, non obstante, se o gañador o solicitase, poderáselle configurar, instalarlle algún programa do seu interese e facerlle unha breve introducción ó uso do sistema operativo Android.

Festas da Luz 2013

 

Este é o programa das Festas da Luz 2013, que se celebrarán o 10 e 11 de Agosto:

 

SÁBADO DÍA 10

A partir das 22:00 H. Festa sen parar, amenizada polo grupo

REBER

e unha DISCOTECA MÓBIL ata que o corpo aguante.

 

DOMINGO DÍA 11

Ás 12:00 H. Procesión e misa cantada polo coro «Lembranza» de Castro Caldelas.

Acompañará á Virxe da Luz a Escola Provincial de Danza «Agrupación Castro Floxo», que bailará a tradicional «Danza das Cocas de Santa Tecla».

Sesión vermouth, tarde e noite amenizada por un grupo orquestral,

que actuará sen descanso dende as 21:00 H. ata as 1:00 H.

Durante a festa do domingo celebrarase o sorteo das rifas. (Bases aquí)

NÚMEROS PREMIADOS

 

LUNS DÍA 12

Sardiñada popular.

(Apuntarse antes do 8 de agosto)

 

A Novena en honor á Virxe da Luz dará comezo o venres 2 de agosto ás 20:00H.

 

 

Limpeza do Pobo

A Xunta Directiva da Asociación «Cocas e Danzantes» convoca a todos os veciños á limpeza xeral de:

  • Fonte dos Caños
  • Fonte do Arco
  • Calderriba
  • Almudeira
  • Outros..

A limpeza terá lugar o vindeiro sábado 8 de xuño ás 8:00 H.

Pídese a participación de todos.