Sardiñada 2013

Asociación Cultural e de Veciños «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra

 

SARDIÑADA POPULAR

 

O luns 12 de agosto de 2013 ás 20:00 H.

No Centro Social da Almudeira

 

Sardiñas

Lacón asado

Pan, viño, bica e licor

 


Pagarase a escote dividindo os custos entre os asistentes (os non socios pagarán 3 euros máis)


 

Apuntarse antes do 8 de agosto

Asamblea Xeral da Asociación



Asociación Cultural e de Veciños «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra


Asamblea Xeral Extraordinaria

A Xunta Directiva convoca a unha Asamblea Xeral Extraordinaria a celebrar o día 12 de agosto ás 17:00 H. en 1ª convocatoria e ás 17:30 H. en 2ª convocatoria, na sede social da Asociación na Almudeira, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Información xeral do estado da Asociación.
  3. Asuntos varios.
  4. Rogos e preguntas.

Auga do Ruxil


Comunidade de Usuarios da Auga do Ruxil


Asamblea Xeral Extraordinaria

Convócase a unha Asamblea Xeral Extraordinaria a celebrar o día 12 de agosto ás 16:00 H. en 1ª convocatoria e ás 16:30 H. en 2ª convocatoria, na sede da Asociación de Veciños «Cocas e Danzantes» na Almudeira, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asamblea anterior.
  2. Asuntos varios.
  3. Rogos e preguntas.