Este é o programa das Festas da Luz 2014, que se celebrarán o 9, 10 e 11 de Agosto:
SÁBADO DÍA 9
A partir das 23:00 H. Festa sen parar, amenizada polo grupo
REBER
e unha DISCOTECA MÓBIL ata que o corpo aguante.
DOMINGO DÍA 10
Ás 12:00 H. Procesión e misa cantada polo coro «Lembranza» de Castro Caldelas.
Acompañará á Virxe da Luz a Escola Provincial de Danza «Agrupación Castro Floxo», que bailará a tradicional «Danza das Cocas de Santa Tecla».
Sesión vermouth, tarde e noite amenizada pola orquesta
EMPERADORES
que actuará sen descanso dende as 21:30 H. ata as 1:30 H.
Durante a festa do domingo celebrarase o sorteo das rifas. (Bases aquí)
LUNS DÍA 11
Sardiñada popular.
(Apuntarse antes do 7 de agosto)
A Novena en honor á Virxe da Luz dará comezo o venres 1 de agosto ás 20:00H.