Festas da Luz 2015

 

Este é o programa das Festas da Luz 2015, que se celebrarán o 8, 9 e 10 de Agosto:

 

SÁBADO DÍA 8

A partir das 23:00 H. Festa sen parar, amenizada polo grupo

REBER

e unha DISCOTECA MÓBIL ata que o corpo aguante.

 

DOMINGO DÍA 9

Ás 12:00 H. Procesión e misa cantada polo coro «Lembranza» de Castro Caldelas.

Acompañará á Virxe da Luz a Escola Provincial de Danza «Agrupación Castro Floxo», que bailará a tradicional «Danza das Cocas de Santa Tecla».

Sesión vermouth, tarde e noite amenizada pola orquesta

 

GRAN VIA

1795357_582021341882264_1204318027_o

que actuará sen descanso dende as 21:30 H. ata as 1:30 H.

Durante a festa do domingo celebrarase o sorteo das rifas. (Bases aquí)

Resultado do sorteo

 
 

LUNS DÍA 10

Sardiñada popular.

(Apuntarse antes do 6 de agosto)

 

A Novena en honor á Virxe da Luz dará comezo o venres 31 de xullo ás 20:00H.

 

 

Sorteo Festas da Luz 2015

Xa comezou a venda de  participacións para o sorteo das Festas da Luz 2015, que se celebrarán os días 8 e 9 de Agosto, co obxectivo de recaudar fondos para as mesmas. As bases son as seguintes:

  1. Póñense a venda 2500 participacións, co prezo unitario de 1,00 €, a través dos membros da Asociación.
  2. O período de venda comeza o sábado 4 de xullo de 2015 e remata o domingo 9 de agosto de 2015.
  3. O sorteo terá lugar o domingo 9 de Agosto no campo da festa.
  4. A mecánica do sorteo consistirá na extracción de 3 papeletas (unha por cada un dos premios sorteados), entrando no sorteo únicamente os resgardos das papeletas vendidas.
  5. Os premios son os seguintes:
    1. 1ª papeleta: Tablet BQ Tesla 2 de 10,1″, con sistema operativo Windows 8.1.
    2. 2ª papeleta: Un lacón e unha caixa de viño Mencía «PONTE DA BOGA»
    3. 3ª papeleta: Un queixo e unha caixa de viño Mencía «PONTE DA BOGA»
  6. Os números premiados serán publicados nesta mesma web, así coma no taboleiro de anuncios do Concello de Castro Caldelas e en distintos locais da vila.
  7. O derradeiro día para facer efectiva a recollida do premio será o día 8 de setembro de 2015.
  8. O posuidor dunha participación premiada poderá poñerse en contacto coa Asociación a través da dirección de enderezo electrónico correo@santategra.org ou do teléfono 988 207 488.
  9. Para poder facer efectiva a recollida do premio, o posuidor da participación premiada deberá dar consentimento explícito para a publicación do seu nome nesta mesma web, así como nos distintos medios que a Asociación estime oportunos para dar a coñecer a entrega do premio.