Asemblea Xeral Extraordinaria

convocatoriaA Xunta Directiva convoca á Asamblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o día 8 de agosto de 2016 ás 16:30 horas en 1ª convocatoria e ás 17:00 horas en 2ª convocatoria, no local social da Almudeira, coa seguinte Orde do Día:

  1. Renovación dos membros da Xunta Directiva.

Asemblea Xeral Ordinaria

convocatoria


A Xunta Directiva convoca á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o día 8 de Agosto de 2016 ás 16:00 horas en 1ª convocatoria e ás 16:30 horas en 2ª convocatoria, no local social da Almudeira, coa seguinte Orde do Día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.

  2. Información do estado xeral da Asociación.

  3. Asuntos Varios.

  4. Rogos e Preguntas.

Festas da Luz 2016

 

Este é o programa das Festas da Luz 2016, que se celebrarán o 6, 7 e 8 de Agosto:

 

SÁBADO DÍA 6

A partir das 23:00 H. Festa sen parar, amenizada por unha actuación musical e unha DISCOTECA MÓBIL ata que o corpo aguante.

 

DOMINGO DÍA 7

Ás 12:30 H. Procesión e misa cantada polo coro «Lembranza» de Castro Caldelas.

Acompañará á Virxe da Luz a Escola Provincial de Danza «Agrupación Castro Floxo», que bailará a tradicional «Danza das Cocas de Santa Tecla».

Sesión vermouth, tarde e noite amenizada pola orquesta

 

CIUDAD CRISTAL

1795357_582021341882264_1204318027_o

que actuará sen descanso dende as 21:30 H. ata as 1:30 H.

Durante a festa do domingo celebrarase o sorteo das rifas. (Bases aquí)

Resultado do sorteo

 

LUNS DÍA 8

Sardiñada popular.

(Apuntarse antes do 4 de agosto)

 

A Novena en honor á Virxe da Luz dará comezo o venres 29 de xullo ás 20:00H.

 

 

Sorteo Festas da Luz 2016

Xa comezou a venda de  participacións para o sorteo das Festas da Luz 2016, que se celebrarán os días 6 e 7 de Agosto, co obxectivo de recaudar fondos para as mesmas. As bases son as seguintes:

  1. Póñense a venda 2500 participacións, co prezo unitario de 1,00 €, a través dos membros da Asociación.
  2. O período de venda comeza o sábado 9 de xullo de 2016 e remata o domingo 7 de agosto de 2016.
  3. O sorteo terá lugar o domingo 7 de Agosto no campo da festa.
  4. A mecánica do sorteo consistirá na extracción de 2 papeletas (unha por cada un dos premios sorteados), entrando no sorteo únicamente os resgardos das papeletas vendidas.
  5. Os premios son os seguintes:
    1. 1ª papeleta: Un xamón, un queixo, unha caixa de viño Mencía «PONTE DA BOGA» e un lote de productos da terra.
    2. 2ª papeleta: Un lacón e unha caixa de viño Mencía «PONTE DA BOGA».
  6. Os números premiados serán publicados nesta mesma web, así coma no taboleiro de anuncios do Concello de Castro Caldelas e en distintos locais da vila.
  7. O derradeiro día para facer efectiva a recollida do premio será o día 22 de agosto de 2016.
  8. O posuidor dunha participación premiada poderá poñerse en contacto coa Asociación a través da dirección de enderezo electrónico correo@santategra.org ou do teléfono 988 207 488.
  9. Para poder facer efectiva a recollida do premio, o posuidor da participación premiada deberá dar consentimento explícito para a publicación do seu nome nesta mesma web, así como nos distintos medios que a Asociación estime oportunos para dar a coñecer a entrega do premio.