Benvida ó Movimiento Ultreya

O vindeiro 8 de xullo, ás 13:00 H, na Praza do Prado de Castro Caldelas escenificarase a nosa tradicional “Danza das Cocas” para recibir ós ciclistas do Movimiento Ultreya, o cal é un proxecto solidario, totalmente apolítico e socialmente transversal, formado por persoas con perfís e profesións moi diversas. Entre os seus obxectivos está colaborar con proxectos locais, de carácter social e cultural, no ámbito rural e ofrecer visibilidade ás poboacións da España máis despoboada.

Podedes atopar máis información no seguinte enlace https://movimientoultreya.org/

Na edición deste ano 2022 a Asociación Cultural Cocas e Danzantes de Santa Tegra será unha das asociación que recibirá a axuda do movemento, pola labor realizada na recuperación da “Danza das Cocas”. Dende a Asociación queremos expresar o noso agradecemento e total apoio a esta importante labor realizada polo Movimiento Ultreya.

Do mesmo xeito, animámosvos a todos os que teñades a posibilidade a acudir o acto, que coincide co final da sétima etapa.

COLABORAN:

Concello de Castro Caldelas.

Escola Provincial de Danza Castro Floxo da Deputación de Ourense.

MAGOSTO 2019

magosto

A Xunta Directiva da Asociación Cultural e de Veciños «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra convócavos para o día 2 de Novembro no que celebramos o noso tradicional Magosto, ás 20:00 horas no Local Social da Almudeira.

O menú constará de:

  • Empanada
  • Churrasco de porco e chourizo
  • Castañas asadas
  • Chocolate, bica e roscón
  • Bebida
  • Queimada

O prezo calcularase a escote entre os asistentes, cun incremento de 3,00 € para os non socios.

 

Apuntarse antes do 29 de outubro.

Asemblea Xeral Ordinaria

convocatoria

A Xunta Directiva convoca á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o día 19 de xaneiro de 2019 ás 12:00 horas en 1ª convocatoria e ás 12:30 horas en 2ª convocatoria, no local social da Almudeira, coa seguinte Orde do Día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
  2. Información sobre o estado xeral da Asociación e aprobación das contas do ano 2018.
  3. Programa de actividades para o ano 2019.
  4. Autorización ó Presidente para tramitar subvencións.
  5. Actualización da lista de socios e cuotas.
  6. Asuntos varios.
  7. Información sobre a xestión de Augas do Ruxil.
  8. Rogos e preguntas.

MAGOSTO 2018

magosto

A Xunta Directiva da Asociación Cultural e de Veciños «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra convócavos para o día 3 de Novembro no que celebramos o noso tradicional Magosto, ás 20:00 horas no Local Social da Almudeira.

O menú constará de:

  • Empanada
  • Churrasco de porco e chourizo
  • Castañas asadas
  • Chocolate, bica e roscón
  • Bebida
  • Queimada

O prezo será de 12 € para os socios e 15 € para os non socios

 

Apuntarse antes do 30 de outubro.

Magosto 2017

magosto

Xa estamos preparando o Magosto de este ano, que se celebrará o sábado 4 de novembro polo serán.

O prezo, coma sempre, será a escote entre os participantes, sendo de 3,00 € máis para os non socios.

Apuntarse antes do 31 de outubro a través das cauces habituais.

Sorteo Rifas Festas da Luz 2017

O resultado do sorteo celebrado o día 6 de Agosto no campo da festa foi o seguinte:

1º PREMIO

1713

(Premiado/a: Teresa López, Abeleda )

 

2º PREMIO

1950

(Premiado/a: Manolo, Bar do Embarcadoiro do Sil )
 

Recordar que os premiados teñen un mes para reclamar o seu premio.

Festas da Luz 2017

 

Este é o programa das Festas da Luz 2017, que se celebrarán o 4, 5, 6, e 7 de Agosto:

 

VENRES DÍA 4

GRAN PANCETADA, a partir das 21:30 h., amenizada polo trío

ARENA

 

SÁBADO DÍA 5

VERBENA, amenizada pola

DISCO MOVIL SHOW

 

DOMINGO DÍA 6

Ás 12:30 H. PROCESIÓN e MISA SOLEMNE.

Acompañará á Virxe da Luz a Escola Provincial de Danza «Agrupación Castro Floxo», que bailará a tradicional «Danza das Cocas de Santa Tecla».

Sesión vermouth, tarde e noite amenizada polo grupo

 

PODIUM

que actuará sen descanso dende as 21:00 H. ata as 1:00 H.

Durante a festa do domingo celebrarase o sorteo das rifas. (Bases aquí)

Resultado do sorteo

 

LUNS DÍA 7

Sardiñada popular.

(Apuntarse antes do 3 de agosto)

 

A Novena en honor á Virxe da Luz dará comezo o venres 28 de xullo ás 20:00H.

 

 

Sorteo Festas da Luz 2017

Xa comezou a venda de  participacións para o sorteo das Festas da Luz 2017, que se celebrarán os días 4, 5 e 6 de Agosto, co obxectivo de recaudar fondos para as mesmas. As bases son as seguintes:

  1. Póñense a venda 3000 participacións, co prezo unitario de 1,00 €, a través dos membros da Asociación.
  2. O período de venda comeza o sábado 1 de xullo de 2017 e remata o domingo 6 de agosto de 2017.
  3. O sorteo terá lugar o domingo 6 de Agosto no campo da festa.
  4. A mecánica do sorteo consistirá na extracción de 2 papeletas (unha por cada un dos premios sorteados), entrando no sorteo únicamente os resgardos das papeletas vendidas.
  5. Os premios son os seguintes:
    1. 1ª papeleta: Un TELEVISOR LED FULL HD 40″.
    2. 2ª papeleta: Un lacón e unha caixa de viño Mencía «PONTE DA BOGA».
  6. Os números premiados serán publicados nesta mesma web, así coma no taboleiro de anuncios do Concello de Castro Caldelas e en distintos locais da vila.
  7. O derradeiro día para facer efectiva a recollida do premio será o día 21 de agosto de 2017.
  8. O posuidor dunha participación premiada poderá poñerse en contacto coa Asociación a través da dirección de enderezo electrónico correo@santategra.org ou do teléfono 988 207 488.
  9. Para poder facer efectiva a recollida do premio, o posuidor da participación premiada deberá dar consentimento explícito para a publicación do seu nome nesta mesma web, así como nos distintos medios que a Asociación estime oportunos para dar a coñecer a entrega do premio.

Sorteo Rifas Festa da Luz 2016

O resultado do sorteo celebrado o día 7 de Agosto no campo da festa foi o seguinte:

1º PREMIO

0295

(Premiada: Patricia Yáñez Quintela)

 

2º PREMIO

0879

(Premiado: Germán A Teixeira)
 

Recordar que os premiados teñen un mes para reclamar o seu premio.

Asemblea Xeral Extraordinaria

convocatoriaA Xunta Directiva convoca á Asamblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o día 8 de agosto de 2016 ás 16:30 horas en 1ª convocatoria e ás 17:00 horas en 2ª convocatoria, no local social da Almudeira, coa seguinte Orde do Día:

  1. Renovación dos membros da Xunta Directiva.