Magosto 2013

magostoXa estamos preparando o Magosto de este ano, que se celebrará o venres 1 de novembro polo serán.

O prezo, coma sempre, será a escote entre os participantes, sendo de 3,00 € máis para os non socios.

Apuntarse antes do 29 de outubro a través dos cauces habituais.

Números premiados no sorteo das Festas da Luz

Estes foron os números premiados no sorteo celebrado no campo da festa:

1º Premio: Tablet BQ Maxwell 2 Plus

Num: 528

Gañador: M. Dolores Fernández González (O Pallón, Castro Caldelas)

2º Premio: 1 Lacón e 1 caixa de viño tinto Ponte da Boga

Num: 262

Gañador: Aurelia Enríquez Rodríguez (O Pacio, Santa Tegra)

3º Premio: 1 Bica  e 1 caixa de viño branco Ponte da Boga

Num: 703

Gañador: Jose Manuel Alonso (A Piñeira, Santa Tegra)

A Implantación de Oliveiras Como Opción de Futuro

A Asociación Cultural «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra, coa colaboración do Concello de Castro Caldelas, organiza unha charla sobre o cultivo da oliveira na nosa zona.

A charla, a cargo de Manoli González, do Departamento Agro de Aceites Abril,  terá lugar o vindeiro mércores 27 de marzo, ás 19:30 horas, no Salón de Actos do Castelo de Castro Caldelas.