Festas da Luz 2015

 

Este é o programa das Festas da Luz 2015, que se celebrarán o 8, 9 e 10 de Agosto:

 

SÁBADO DÍA 8

A partir das 23:00 H. Festa sen parar, amenizada polo grupo

REBER

e unha DISCOTECA MÓBIL ata que o corpo aguante.

 

DOMINGO DÍA 9

Ás 12:00 H. Procesión e misa cantada polo coro «Lembranza» de Castro Caldelas.

Acompañará á Virxe da Luz a Escola Provincial de Danza «Agrupación Castro Floxo», que bailará a tradicional «Danza das Cocas de Santa Tecla».

Sesión vermouth, tarde e noite amenizada pola orquesta

 

GRAN VIA

1795357_582021341882264_1204318027_o

que actuará sen descanso dende as 21:30 H. ata as 1:30 H.

Durante a festa do domingo celebrarase o sorteo das rifas. (Bases aquí)

Resultado do sorteo

 
 

LUNS DÍA 10

Sardiñada popular.

(Apuntarse antes do 6 de agosto)

 

A Novena en honor á Virxe da Luz dará comezo o venres 31 de xullo ás 20:00H.

 

 

Cocido do Entroido 2015

cocido

 

 

O vindeiro 15 de Febreiro celebraremos o Entroido coa elaboración do tradicional cocido. Todos os que queirades asistir debédesvos apuntar a través das canles habituais, sendo o último día para apuntarse o mércores 11 de Febreiro. O prezo da comida será a escote, levando un incremento de 3,00 € para os non socios.

 

Magosto 2014

magostoXa estamos preparando o Magosto de este ano, que se celebrará o sábado 1 de novembro polo serán.

O prezo, coma sempre, será a escote entre os participantes, sendo de 3,00 € máis para os non socios.

Apuntarse antes do 28 de outubro a través dos cauces habituais.

Roteiro Literario 2014

DSC_0472_584x388

A ASOCIACIÓN «COCAS E DANZANTES» DE SANTA TEGRA


Convoca á quinta edición do Roteiro Literario por mor da festividade de


SANTA TEGRA 2014


Domingo 28 de setembro de 2014


O percorrido literario recorrerá cinco lugares significativos do pobo (a Igrexa, a Fonte do Ruxil, o Cruceiro, o Campo e, por último, a sé da Asociación), en cada parada lerase un pequeno conto ou unha poesía. Todo o que queira pode ler un texto da súa elección. No traxecto iremos acompañados polo grupo «Os Trabazos». A saída será da Igrexa ás 12:00 H.

Ó remate xantaremos todos os que o desexen na Almudeira (empanadas, carne asada, ensaladas e postre).

O prezo do xantar será, coma sempre, a escote, cun incremento de 3,00€ para os non socios.


Para o xantar apuntarse antes do 25 de setembro.

Festas da Luz 2014

 

Este é o programa das Festas da Luz 2014, que se celebrarán o 9, 10 e 11 de Agosto:

 

SÁBADO DÍA 9

A partir das 23:00 H. Festa sen parar, amenizada polo grupo

REBER

e unha DISCOTECA MÓBIL ata que o corpo aguante.

 

DOMINGO DÍA 10

Ás 12:00 H. Procesión e misa cantada polo coro «Lembranza» de Castro Caldelas.

Acompañará á Virxe da Luz a Escola Provincial de Danza «Agrupación Castro Floxo», que bailará a tradicional «Danza das Cocas de Santa Tecla».

Sesión vermouth, tarde e noite amenizada pola orquesta

 

EMPERADORES

1795357_582021341882264_1204318027_o

que actuará sen descanso dende as 21:30 H. ata as 1:30 H.

Durante a festa do domingo celebrarase o sorteo das rifas. (Bases aquí)

Resultado do sorteo

 

LUNS DÍA 11

Sardiñada popular.

(Apuntarse antes do 7 de agosto)

 

A Novena en honor á Virxe da Luz dará comezo o venres 1 de agosto ás 20:00H.

 

 

Cocido do Entroido 2014 – ACTUALIZADA

cocidoO vindeiro 2 de marzo celebraremos o Entroido coa elaboración do tradicional cocido. Todos os que queirades asistir debédesvos apuntar antes do mércores 26 de febreiro. O prezo da comida será a escote, levando un incremento de 3,00 € para os non socios.

-ACTUALIZACIÓN- A nova data para o cocido é o sábado 15 de marzo ás 14:00. O derradeiro día para apuntarse é o 12 de marzo.

Feliz Ano 2014

feliz-ano-nuevo-2014-animado-00-feliz-año-2014-3_thumbDende a Asociación Cultural e de Veciños «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra queremos desexarvos a todos un feliz 2014.

Tamén queremos convidar a todos os socios ó brindis que celebraremos, no local da Asociación, o día 1 de xaneiro as 17:00 H para celebrar o comezo do novo ano.

Magosto 2013

magostoXa estamos preparando o Magosto de este ano, que se celebrará o venres 1 de novembro polo serán.

O prezo, coma sempre, será a escote entre os participantes, sendo de 3,00 € máis para os non socios.

Apuntarse antes do 29 de outubro a través dos cauces habituais.

Sardiñada 2013

Asociación Cultural e de Veciños «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra

 

SARDIÑADA POPULAR

 

O luns 12 de agosto de 2013 ás 20:00 H.

No Centro Social da Almudeira

 

Sardiñas

Lacón asado

Pan, viño, bica e licor

 


Pagarase a escote dividindo os custos entre os asistentes (os non socios pagarán 3 euros máis)


 

Apuntarse antes do 8 de agosto

Festas da Luz 2013

 

Este é o programa das Festas da Luz 2013, que se celebrarán o 10 e 11 de Agosto:

 

SÁBADO DÍA 10

A partir das 22:00 H. Festa sen parar, amenizada polo grupo

REBER

e unha DISCOTECA MÓBIL ata que o corpo aguante.

 

DOMINGO DÍA 11

Ás 12:00 H. Procesión e misa cantada polo coro «Lembranza» de Castro Caldelas.

Acompañará á Virxe da Luz a Escola Provincial de Danza «Agrupación Castro Floxo», que bailará a tradicional «Danza das Cocas de Santa Tecla».

Sesión vermouth, tarde e noite amenizada por un grupo orquestral,

que actuará sen descanso dende as 21:00 H. ata as 1:00 H.

Durante a festa do domingo celebrarase o sorteo das rifas. (Bases aquí)

NÚMEROS PREMIADOS

 

LUNS DÍA 12

Sardiñada popular.

(Apuntarse antes do 8 de agosto)

 

A Novena en honor á Virxe da Luz dará comezo o venres 2 de agosto ás 20:00H.