Asociación Cultural e de Veciños «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra
Asamblea Xeral Ordinaria
A Xunta Directiva convoca á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará o día 11 de xaneiro de 2014 ás 15:00 horas en 1ª convocatoria e ás 15:30 horas en 2ª convocatoria, no local social da Almudeira, coa seguinte Orde do Día:
-
Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
-
Resumo da situación económica e aprobación, se procede.
-
Programa de actividades para o ano 2014.
-
Autorizar ó presidente para pedir e xestionar subvencións de todas as administracións públicas.
-
Altas e baixas, actualización da lista de socios.
-
Información sobre a xestión da Comunidade de Usuarios Auga do Ruxil.
-
Rogos e preguntas