A Xunta Directiva da Asociación Cultural «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra convoca ós socios á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará o día 30 de marzo ás 17:00 horas en primeira convocatoria, e ás 17:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
- Información da situación económica.
- Organización da «FESTA DA LUZ».
- Asuntos varios.
- Rogos e preguntas.