Magosto 2014

magostoXa estamos preparando o Magosto de este ano, que se celebrará o sábado 1 de novembro polo serán.

O prezo, coma sempre, será a escote entre os participantes, sendo de 3,00 € máis para os non socios.

Apuntarse antes do 28 de outubro a través dos cauces habituais.

Roteiro Literario 2014

DSC_0472_584x388

A ASOCIACIÓN «COCAS E DANZANTES» DE SANTA TEGRA


Convoca á quinta edición do Roteiro Literario por mor da festividade de


SANTA TEGRA 2014


Domingo 28 de setembro de 2014


O percorrido literario recorrerá cinco lugares significativos do pobo (a Igrexa, a Fonte do Ruxil, o Cruceiro, o Campo e, por último, a sé da Asociación), en cada parada lerase un pequeno conto ou unha poesía. Todo o que queira pode ler un texto da súa elección. No traxecto iremos acompañados polo grupo «Os Trabazos». A saída será da Igrexa ás 12:00 H.

Ó remate xantaremos todos os que o desexen na Almudeira (empanadas, carne asada, ensaladas e postre).

O prezo do xantar será, coma sempre, a escote, cun incremento de 3,00€ para os non socios.


Para o xantar apuntarse antes do 25 de setembro.

Sorteo Rifas Festas da Luz 2014

O resultado do sorteo celebrado onte día 10 de Agosto no campo da festa foi o seguinte:

1º PREMIO

1167

(Premiado: Borja Leyenda Pérez)

 

2º PREMIO

2439

 

3º PREMIO

0270

(Premiada: Aldara González Segade)
 

Recordar que os premiados teñen un mes para reclamar o seu premio.

Festas da Luz 2014

 

Este é o programa das Festas da Luz 2014, que se celebrarán o 9, 10 e 11 de Agosto:

 

SÁBADO DÍA 9

A partir das 23:00 H. Festa sen parar, amenizada polo grupo

REBER

e unha DISCOTECA MÓBIL ata que o corpo aguante.

 

DOMINGO DÍA 10

Ás 12:00 H. Procesión e misa cantada polo coro «Lembranza» de Castro Caldelas.

Acompañará á Virxe da Luz a Escola Provincial de Danza «Agrupación Castro Floxo», que bailará a tradicional «Danza das Cocas de Santa Tecla».

Sesión vermouth, tarde e noite amenizada pola orquesta

 

EMPERADORES

1795357_582021341882264_1204318027_o

que actuará sen descanso dende as 21:30 H. ata as 1:30 H.

Durante a festa do domingo celebrarase o sorteo das rifas. (Bases aquí)

Resultado do sorteo

 

LUNS DÍA 11

Sardiñada popular.

(Apuntarse antes do 7 de agosto)

 

A Novena en honor á Virxe da Luz dará comezo o venres 1 de agosto ás 20:00H.

 

 

Sorteo Festas da Luz 2014

Xa comezou a venda de  participacións para o sorteo das Festas da Luz 2014, que se celebrarán os días 9 e 10 de Agosto, co obxectivo de recaudar fondos para as mesmas. As bases son as seguintes:

  1. Póñense a venda 2500 participacións, co prezo unitario de 1,00 €, a través dos membros da Asociación.
  2. O período de venda comeza o sábado 5 de xullo de 2014 e remata o domingo 10 de agosto de 2014.
  3. O sorteo terá lugar o domingo 10 de Agosto no campo da festa.
  4. A mecánica do sorteo consistirá na extracción de 3 papeletas (unha por cada un dos premios sorteados), entrando no sorteo únicamente os resgardos das papeletas vendidas.
  5. Os premios son os seguintes:
    1. 1ª papeleta: Bono regalo canxeable por unha  estancia para 2 persoas no balneario de Augas Santas (Pantón, Lugo), que inclúe 2 noites en réxime de aloxamento e almorzo e 2 acesos ó circuito termal por persoa (un por cada noite de hotel). O bono será canxeable ata o 29 de decembro do 2014. O gañador deberá poñerse en contacto co hotel con anterioridade para confirmar a dispoñibilidade nas datas desexadas.
    2. 2ª papeleta: Un lacón e unha caixa de viño Mencía «PONTE DA BOGA»
    3. 3ª papeleta: Unha bica mantecada e unha caixa de viño Mencía «PONTE DA BOGA»
  6. Os números premiados serán publicados nesta mesma web, así coma no taboleiro de anuncios do Concello de Castro Caldelas e en distintos locais da vila.
  7. O derradeiro día para facer efectiva a recollida do premio será o día 9 de setembro de 2014.
  8. O posuidor dunha participación premiada poderá poñerse en contacto coa Asociación a través da dirección de enderezo electrónico correo@santategra.org ou do teléfono 988 207 488.
  9. Para poder facer efectiva a recollida do premio, o posuidor da participación premiada deberá dar consentimento explícito para a publicación do seu nome nesta mesma web, así como nos distintos medios que a Asociación estime oportunos para dar a coñecer a entrega do premio.

Asamblea Xeral Extraordinaria

convocatoriaA Xunta Directiva convoca á Asamblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o día 11 de agosto de 2014 ás 16:30 horas en 1ª convocatoria e ás 17:00 horas en 2ª convocatoria, no local social da Almudeira, coa seguinte Orde do Día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.

  2. Resumo da situación económica e aprobación, se procede.

  3. Asuntos Varios.

  4. Elección da nova Xunta Directiva.

Asamblea Xeral Ordinaria

convocatoria

A Xunta Directiva convoca á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará o día 19 de abril de 2014 a las 14:00 horas en 1ª convocatoria e ás 16:30 horas en 2ª convocatoria, no local social da Almudeira, coa seguinte Orde do Día:

 

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
  2. Informe da situación xeral da Asociación .
  3. Organización da “FESTA DA LUZ”.
  4. Asuntos varios.
  5. Rogos e preguntas.

 

Cocido do Entroido 2014 – ACTUALIZADA

cocidoO vindeiro 2 de marzo celebraremos o Entroido coa elaboración do tradicional cocido. Todos os que queirades asistir debédesvos apuntar antes do mércores 26 de febreiro. O prezo da comida será a escote, levando un incremento de 3,00 € para os non socios.

-ACTUALIZACIÓN- A nova data para o cocido é o sábado 15 de marzo ás 14:00. O derradeiro día para apuntarse é o 12 de marzo.

Feliz Ano 2014

feliz-ano-nuevo-2014-animado-00-feliz-año-2014-3_thumbDende a Asociación Cultural e de Veciños «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra queremos desexarvos a todos un feliz 2014.

Tamén queremos convidar a todos os socios ó brindis que celebraremos, no local da Asociación, o día 1 de xaneiro as 17:00 H para celebrar o comezo do novo ano.

Asamblea Xeral da Asociación

convocatoria

 

Asociación Cultural e de Veciños «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra

 

 

Asamblea Xeral Ordinaria

A Xunta Directiva convoca á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará o día 11 de xaneiro de 2014 ás 15:00 horas en 1ª convocatoria e ás 15:30 horas en 2ª convocatoria, no local social da Almudeira, coa seguinte Orde do Día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.

  2. Resumo da situación económica e aprobación, se procede.

  3. Programa de actividades para o ano 2014.

  4. Autorizar ó presidente para pedir e xestionar subvencións de todas as administracións públicas.

  5. Altas e baixas, actualización da lista de socios.

  6. Información sobre a xestión da Comunidade de Usuarios Auga do Ruxil.

  7. Rogos e preguntas