Limpeza do Pobo

A Xunta Directiva da Asociación «Cocas e Danzantes» convoca a todos os veciños á limpeza xeral de:

  • Fonte dos Caños
  • Fonte do Arco
  • Calderriba
  • Almudeira
  • Outros..

A limpeza terá lugar o vindeiro sábado 8 de xuño ás 8:00 H.

Pídese a participación de todos.

A Implantación de Oliveiras Como Opción de Futuro

A Asociación Cultural «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra, coa colaboración do Concello de Castro Caldelas, organiza unha charla sobre o cultivo da oliveira na nosa zona.

A charla, a cargo de Manoli González, do Departamento Agro de Aceites Abril,  terá lugar o vindeiro mércores 27 de marzo, ás 19:30 horas, no Salón de Actos do Castelo de Castro Caldelas.

Asamblea Xeral Ordinaria

A Xunta Directiva da Asociación Cultural «Cocas e Danzantes» de Santa Tegra convoca ós socios á Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará o día 30 de marzo ás 17:00 horas en primeira convocatoria, e ás 17:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior.
  2. Información da situación económica.
  3. Organización da «FESTA DA LUZ».
  4. Asuntos varios.
  5. Rogos e preguntas.

Cocido do Entroido 2013

O vindeiro 10 de febreiro celebraremos o Entroido coa elaboración do tradicional cocido. Todos os que queirades asistir debédesvos apuntar a través dos cauces habituais antes do mércores 6 de febreiro. O prezo da comida será a escote, levando un incremento de 3,00 € para os non socios.

Animámosvos a todos a participar, e se queredes vir disfrazados mellor.

Asamblea General Ordinaria

La Junta Directiva convoca a la Asamblea General Ordinaria que se celebrará el día 26 de enero de 2013 a las 16:00 horas en 1ª convocatoria y a las 16:30 horas en 2ª convocatoria, en el local social de Almudeira, con el siguiente Orden del Día:

 

  1. Lectura y aprobación, si procede, del acta de la reunión anterior.
  2. Aprobación definitiva de la petición de Usuarios Augas do Ruxil.
  3. Resumen económico de 2012 y aprobación, si procede.
  4. Programa de actividades para el año 2013.
  5. Autorizar al presidente, o a la persona de la directiva en quien delegue, para pedir y gestionar subvenciones de otras administraciones públicas.
  6. Altas y bajas, actualización lista de socios y cuotas.
  7. Ruegos y preguntas.

Xornadas Sobre Reciclaxe

O vindeiro xoves 29 de novembro, ás 18:00 H, haberá unha charla sobre a reciclaxe no Local Social da Almudeira. Dende aquí animamos a todos os veciños da zona a acudir.

Aquí podedes ver o anuncio na páxina de Facebook do Concello de Castro Caldelas.

TDT en Santa Tegra

Como sabedes, a oferta de Televisión Dixital Terrestre en Santa Tegra é bastante limitada. O sinal chéganos a través dun repetidor instalado na Tapada. O problema é que, cada vez que se engade unha nova canle ou algunha das existentes sufre un cambio de frecuencia, o repetidor debe ser reaxustado para poder reemitir as novas canles, sen embargo esto non se está facendo.

A continuación déixovos os teléfonos da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia (responsable da xestión dos repetidores da TDT). Estes son os teléfonos ós que debedes chamar para dar parte de algunha avería ou comunicar que non se ve algunha canle. Cantas máis personas chamen máis fácil será que fagan caso ás nosas demandas.

Secretaría Xeral de Comunicación:

  • 981 572 154
  • 981 544 330
  • 981 541 246

Magosto 2012

Xa estamos preparando o Magosto 2012 que será o vindeiro 3 de Novembro pola noite. Podédesvos ir apuntando a través dos cauces habituais e tamén dende a Zona Socios simplemente deixando un comentario na mesma.

Para todos aqueles socios que estedes dados de alta no portal pero aínda non se vos aplicara a categoría de socios no mesmo, debedes ter actualizado o voso nome e apelidos na sección de Perfil.