Quen somos
A Asociación Cultural Cocas e Danzantes de Santa Tegra e unha asociación sen ánimo de lucro, creada no ano 2002 co obxectivo de organizar e promocionar as festas patronais «Festas da Luz». Co tempo as actividades da Asociación fóronse ampliando ca organización de diversos eventos lúdicos e culturais. Recentemente adoptouse o rol de comunidade de veciños, dando como resultado unha asociación que pretende dar unha resposta global a todas as necesidades culturais, organizativas, lúdicas ou de calquera outra índole que precise a nosa veciñanza.
A Danza
A Danza das Cocas e unha danza procesional típica de Santa Tegra. Celébrase todos os anos durante a procesión en honor á Virxe da Luz, nas festas patronais (Primeiro domingo de agosto pero nunca antes do día 5).
Esta danza ten unha orixe incerta. Conta a lenda que un home, orixinario de Santa Tegra e emigrado a México, tiña unha filla que enfermou da vista. A rapaza foi levada ó Santuario da Virxe da Luz e sanou. Tal era a devoción que acadou o home tras este feito que, cando retornou a Santa Tegra, trouxo consigo a Danza en honor á Virxe da Luz que se celebraba alá en México.
Durante a Danza, os danzantes, que van vestidos de branco con faixa e lazos de cores e portan un arco adornado con papel de seda multicolor, bailan ó son da Carballesa tocada polos gaiteiros. Ó redor deles, danzan as Cocas, que son unhas figuras xigantes de un home e unha muller.
As Cocas orixinais perdéronse durante a dictadura, xa que a danza foi prohibida por ser considerada pagá. A finales dos anos oitenta fabricáronse unhas novas, basándose en fotos antigas.

Localización
Santa Tegra encóntrase encravada no concello de Castro Caldelas, no corazón da Ribeira Sacra ourensá, situada a uns 6 km do centro comarcal, no Val de Abeleda.

¿Cómo chegar?
Dende Ourense
Saia de Ourense pola carretera OU-536 en dirección Castro Caldelas ou Terras de Trives. A 47 km encóntrase Castro Caldelas. No centro desta vila atopará un cruce á esquerda en dirección Monforte de Lemos (carretera OU-903). Siga por esta carretera durante uns 5 km e atopará outro cruce á esquerda en dirección Santa Tegra (carretera OU-103D). Circule por esta vía durante 1,5 km e estará en Santa Tegra.
Dende Monforte de Lemos
Saia de Monforte pola carretera LU-903 en dirección Castro Caldelas. Aproximadamente a 20 km encontrará o embarcadoiro do catamarán no Sil. Continúe pola mesma carretera (a partir de aquí denomínase OU-903) durante 5 km máis e atopará un cruce á dereita en dirección Santa Tegra (carretera OU-103D). Circule por esta vía durante 1,5 km e estará en Santa Tegra.