Quen somos

A Asociación Cultural Cocas e Danzantes de Santa Tegra e unha asociación sen ánimo de lucro, creada no ano 2002 co obxectivo de organizar e promocionar as festas patronais “Festas da Luz”. Co tempo as actividades da Asociación fóronse ampliando ca organización de diversos eventos lúdicos e culturais. Recentemente adoptouse o rol de comunidade de veciños, dando como resultado unha asociación que pretende dar unha resposta global a todas as necesidades culturais, organizativas, lúdicas ou de calquera outra índole que precise a nosa veciñanza.

A Danza

A Danza das Cocas e unha danza procesional típica de Santa Tegra. Celébrase todos os anos durante a procesión en honor á Virxe da Luz, nas festas patronais (Primeiro domingo de agosto pero nunca antes do día 5).

Esta danza ten unha orixe incerta. Conta a lenda que un home, orixinario de Santa Tegra e emigrado a México, tiña unha filla que enfermou da vista. A rapaza foi levada ó Santuario da Virxe da Luz e sanou. Tal era a devoción que acadou o home tras este feito que, cando retornou a Santa Tegra, trouxo consigo a Danza en honor á Virxe da Luz que se celebraba alá en México.

Durante a Danza, os danzantes, que van vestidos de branco con faixa e lazos de cores e portan un arco adornado con papel de seda multicolor, bailan ó son da Carballesa tocada polos gaiteiros. Ó redor deles, danzan as Cocas, que son unhas figuras xigantes de un home e unha muller.

As Cocas orixinais perdéronse durante a dictadura, xa que a danza foi prohibida por ser considerada pagá. A finales dos anos oitenta fabricáronse unhas novas, basándose en fotos antigas.

Azulexos pintados na base do Cruceiro

Localización

Santa Tegra encóntrase encravada no concello de Castro Caldelas, no corazón da Ribeira Sacra ourensá, situada a uns 6 km do centro comarcal, no Val de Abeleda.

Santa Tegra vista dende o mirador da Vidueira

¿Cómo chegar?

Dende Ourense

Saia de Ourense pola carretera OU-536 en dirección Castro Caldelas ou Terras de Trives. A 47 km encóntrase Castro Caldelas. No centro desta vila atopará un cruce á esquerda en dirección Monforte de Lemos (carretera OU-903). Siga por esta carretera durante uns 5 km e atopará outro cruce á esquerda en dirección Santa Tegra (carretera OU-103D). Circule por esta vía durante 1,5 km e estará en Santa Tegra.

Dende Monforte de Lemos

Saia de Monforte pola carretera LU-903 en dirección Castro Caldelas. Aproximadamente a 20 km encontrará o embarcadoiro do catamarán no Sil. Continúe pola mesma carretera (a partir de aquí denomínase OU-903) durante 5 km máis e atopará un cruce á dereita en dirección Santa Tegra (carretera OU-103D). Circule por esta vía durante 1,5 km e estará en Santa Tegra.

Mapa